• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    A MORTE DE GALICIA
    Título:
    A MORTE DE GALICIA
    Subtítulo:
    Autor:
    DUBERT, ISIDRO; GAGO, MANUEL; GONZÁLEZ GARCÍA, FRANCISCO; ANDRADE CERNADAS, JOSÉ MIGUEL; LÓPEZ CARREIRA, ANSELMO; REY CASTELAO, OFELIA; MONTEAGU
    Editorial:
    XERAIS
    Año de edición:
    2019
    ISBN:
    978-84-9121-590-5
    Páginas:
    400
    Encuadernación:
    Rústica
    Disponibilidad:
    Disponibilidad 3-10 d
    Colección:
    CRONICA (XERAIS)
    21,00 € Comprar

    Sinopsis

    A obsesión que o groso das elites sociais, políticas e culturais amosan dende hai máis dunha década polo suposto «inverno demográfico» que asola Galicia, coincide no tempo co inicio da quinta vaga emigratoria que sacode o país ao longo da súa historia. É a primeira da democracia, pasados trinta anos da ocorrida en 1950-1975, despois do gasto de cuantiosas axudas europeas destinadas dende 1986 a crear emprego, e afecta xa a máis de 380.000 mozos e mozas, un de cada dous con estudos medios ou superiores. A resposta das autoridades galegas a esta importante perda de capital humano e do seu potencial demográfico consistiu na difusión social do natalismo. Unha ideoloxía caracterizada por agochar a emigración e culpar os vellos e as mulleres da pronta «morte de Galicia».
    Fronte a isto, este libro é un exercicio de «historia crítica» que contrasta o pasado e o presente, o que foi e o que se nos di que é, e será, Galicia. O resultado amosa a enorme capacidade que a vellez e a emigración supuxeron para vertebrar a nosa historia, e xa que logo, para configurar o presente que estamos a vivir. Un presente que, coma o noso futuro, nada ten que ver con esa «morte de Galicia» predicada polos partidarios do natalismo.