Búsqueda de LIBROS DEL AUTOR: aneiros rosa

7 resultados

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS DÍAZ, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa p...
    Disponibilidad 2-3 días

    17,95 €

  • CACHITA, O PARAUGAS E MAIS EU
    ROSA ANEIROS
    «De súpeto, unhas mulleres guindaron pedras contra a casa do alcalde e, coma unha castaña sen picar no lume, estourou a rebelión. A irrupción da Infantería e Cabalería da Garda Civil desatou o pánico e comezaron caer corpos ao chan. Cachita liscou a fume de carozo. "Teño que ir, Lucía, pareceume ver a mamá!" Corrín atrás dela, subín ao faiado, apañei o meu prezado paraugas enca...
    No disponible

    15,95 €

  • CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    ROSA ANEIROS
    Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar unha porta secreta que lle permitirá coñecer restos do Cretáceo. Trabúcase. Si, a porta secreta da que lle falou a vella Monegunda existe, mais do outro lado non hai fósiles senón dinosauros de carne e óso! Aí dará comezo unha extraordinaria aventura na que deberá...
    Disponible en 1 semana

    12,95 €

  • SIBILA
    ANEIROS DÍAZ, ROSA
    É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle...
    Disponible en 1 semana

    18,95 €

  • XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
    ANEIROS DÍAZ, ROSA
    Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba errática polos océanos, deu en ameazar a illa de Otlic e puxo en perigo os seus habitantes. Os grandes guieiros da natureza non saben como actuar. Xelís inicia entón unha arriscada...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €

  • TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA
    ANEIROS DÍAZ, ROSA
    Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse. Chámanlle así polo avó Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro. Por iso, cando o seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó en Marabilia, Edelmira non pode crelo. Van ser uns meses ...
    Disponible en 1 semana

    13,50 €

  • ÁS DE BOLBORETA
    ANEIROS DÍAZ, ROSA
    Na ?Luzada?, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d? As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas...
    Disponible en 1 semana

    14,50 €