• Zona de usuario
  •      
  • Búsqueda avanzada

    TIENE EN SU CESTA DE LA COMPRA

    0

    Total 0,00 €

    Eventos

    28 / 03 / 2019 (Cronopios Pontevedra)

    Encontro lector con Afonso Cruz

    19:00h

    Afonso Cruz (Figueira da Foz, 1971) visita o xoves 28 de marzo ás 19:00h Cronopios nun encontro aberto co público co gallo da celebración do XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra en Pontevedra.

    Escritor, ilustrador e músico portugués, Afonso Cruz é coñecido tanto polas súas novelas como polos seus relatos, sendo gañador de premios como o Camilo Castelo Blanco de Conto ou o Premio de Literatura da Unión Europea de 2010. Como ilustrador ten publicado en varios xornais e revistas como Rua Sésamo, tamén manuais escolares, storyboards e publicidade. Foi tamén o responsable da ilustraciónde deceas de libros para cativos con textos de José Jorge Letria, António Manuel Couto Viana entre outros.

    Volver